Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41470

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 31 de xullo de 2017 polo que se asume a competencia delegada polo Concello de Larouco (recadación executiva dos gastos derivados de execucións forzosas).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais; no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de bases de réxime local, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 28 de xullo de 2017, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Larouco (recadación executiva dos gastos derivados de execucións forzosas) co alcance, contido, condicións e vixencia que se establecen no acordo do Pleno do dito concello do 24 de maio de 2017.

Esta delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial para a delegación de competencias nesta materia.

Ourense, 31 de xullo de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense