Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41399

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (836/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 838/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Correa Astray contra Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto.

A Coruña, 21 de xuño de 2017.

Parte dispositiva:

Estímase a solicitude de rectificación, polo que se deben modificar os feitos probados e fundamentos de dereito conforme o exposto, e a resolución da sentenza, onde di: “Así mesmo, condénase a empresa a aboarlle ao traballador a cantidade de 1.730,72 euros”, debe dicir: “Así mesmo, condénase a empresa a aboarlle ao traballador a cantidade de 2.826,48 euros”.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Patricia López Arranz, maxistrada do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña».

Para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza