Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41398

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (163/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 163/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Torres Crespo, José Antonio García Boquete e José Luis Fuentes Graña contra a empresa Falcon Contratas y Seguridad, S.A., sobre ordinario, se ditou a sentenza coa seguinte resolución:

«Resolvo estimar integramente a demanda promovida por José Luis Fuentes Graña, José Antonio García Boquete e Francisco Javier Torres Crespo contra a mercantil Falcon Contratas y Seguridad, S.A. e, en consecuencia, condenar a referida entidade a aboarlles a José Luis Fuentes Graña a cantidade de 6.615,94 €, a José Antonio García Boquete a cantidade de 7.071,30 € e a Francisco Javier Torres Crespo a cantidade de 7.204,32 €, sumas que se deberán incrementar nun 10 % en concepto de xuros de demora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Falcon Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza