Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (156/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 156/2017 deste xulgado do social, seguido a instancia de Eva Cibreiro Regueiro contra Lorymar 2007, S.L., Fogasa sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza nº: 461/2017

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento nº 156/2017

Demandante: Eva Cibreiro Regueiro

Letrado: Sr. Suárez de la Fuente

Demandado: Lorymar 2007, S.L.

Letrado:

Fogasa.

A Coruña, 1 de agosto de 2017.

Decido:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Eva Cibreiro Regueiro fronte a Lorymar 2007, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno á demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, por elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste fallo. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercitarse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización a aboar pola empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 13.045,31 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 32,21 €/día.

3º. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente sentenza dentro da responsabilidade legal que lle puidese corresponder.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a LAX, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lorymar 2007, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 1 de agosto de 2017

A letrada da Administración de xustiza