Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41402

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (291/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 291/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Expósito Arias contra Eximfood Noroeste, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña.

PO. Procedemento ordinario 291/2015.

Procedemento de orixe: sobre ordinario.

Demandante: José Luis Expósito Arias.

Avogada: María Luisa Tato Fouz.

Demandados: Eximfood Noroeste, S.L., Fogasa.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa.

Auto.

Maxistrado xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, 1 de agosto de 2017.

Único. Nestes autos ditouse sentenza o 12 de xullo de 2017. A parte demandante presenta escrito co fin de que se aclare a sentenza ao apreciar un erro material no feito probado segundo.

Parte dispositiva:

Procede a emenda do erro material advertido, de maneira que no feito probado segundo, onde di: «e do 1 ao 28 de xuño de 2014 (…)», debe dicir: «e do 1 ao 28 de xullo de 2014 (…)».

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Para que sirva de notificación en legal forma a Eximfood Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de agosto de 2017

A letrada da Administración de xustiza