Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2017 Páx. 41272

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 961/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 961/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Porras Ortigosa contra Caña Aquí, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a resolución:

«Sentenza.

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 961/2016

Demandante: Raúl Porras Ortigosa

Letrado: Sr. López Mosteiro

Demandada: Caña Aquí, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza.

A Coruña, 27 de xullo de 2017.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Raúl Porras Ortigosa contra a empresa Caña Aquí, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo isto con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 6.941,85 euros.

3º. Condeno a empresa demandada a que aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a data da extinción da relación laboral no día de hoxe, a razón de 47,63 euros/día, o que ascende a 15.717,90 euros.

4º. O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Caña Aquí, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza