Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2017 Páx. 41270

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (560/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 560/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Julio Castela Martínez contra a empresa Unidad Servicios MH Pontevedra, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Petrogal Española, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimo parcialmente a demanda interposta por Julio Castela Martínez fronte ás empresas Unidad Servicios MH Pontevedra, S.L., e fronte a Petrogal Española, S.A., e declaro improcedente o despedimento da traballadora demandante e, así mesmo, declaro extinguida a relación contractual entre a traballadora e a empresa demandada referida, condenando a esta a que aboe a demandante a seguinte cantidade en concepto de indemnización: 9.801 euros. Igualmente condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 1.482,30 euros, máis o 10 % de xuro moratorio ex art. 29.3 do ET.

Absolvo Petrogal Española, S.A. (hoxe Galp Energía España, S.A.) da pretensión suscitada fronte a ela.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establece os art. 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, debendo de consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no art. 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación depósitos e consignacións, co número 5081 especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no art. 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, se ben pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Unidad Servicios MH Pontevedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 1 de agosto de 2017

O letrado da Administración de xustiza