Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2017 Páx. 41278

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (411/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 411/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iria Paz Avero contra Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 411/2015.

Demandante: Iria Paz Avero

Letrado: Sr. Novo Pinilla.

Demandados: Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L. e o Fogasa

Sentenza número 440/1017

A Coruña, 27 de xullo de 2017

Resolución:

Estimo parcialmente a demanda formulada por Iria Paz Avero fronte á empresa Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á primeira a suma de 330,38 euros en concepto de salarios debidos, así como o xuro do 10 % da devandita cantidade.

A responsabilidade do Fogasa será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Albatros Inversiones Turísticas y Eventos S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza