Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2017 Páx. 41276

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (377/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 377/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonia Burgos Rodríguez contra La Farándula Hosteleros, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña

Sentenza: 439/2017

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade nº 377/2015.

Demandante: Antonia Burgos Rodríguez

Letrada: Sra. Otero González.

Demandados: La Farándula Hosteleros, S.L.

Letrado: –.

Fogasa

Letrada: –.

Sentenza nº 439/2017.

A Coruña, 27 de xullo de 2017.

Fallo:

– Estimo a demanda formulada por Antonia Burgos Rodríguez fronte á empresa La Farándula Hosteleros, S.L., e, en consecuencia, condeno esta a aboar á primeira a suma de 788,22 euros en concepto de liquidación salarial, así como o xuro do 10 % da devandita cantidade.

A responsabilidade do Fogasa será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a La Farándula Hosteleros, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza