Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2017 Páx. 40862

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (626/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 626/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Gómez Rodríguez contra Isalcor Valga, S.L., EXL Quintaglass, S.L., Estevan Crego Pedrido, Fondo de Garantía Salarial, Alicia Carro Lorenzo, Carpintería Metálica Tecre, S.L., Atesvi, S.L., Javier López Romero, Isidro Carro Lorenzo, Exlabesa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«1º. Que estimando substancialmente a demanda interposta por Pablo Gómez Rodríguez en canto se dirixiu contra as empresas Isalcor Valga, S.L. e Carpintería Metálica Tecre, S.L., debo condenalas e condénoas a que conxunta e solidariamente aboe á demandante a cantidade de 2.233,12 € incrementada cun xuro do 10 %, contabilizado desde a interposición da papeleta de conciliación e ata o ditado da presente resolución, data a partir da cal e ata o seu completo aboamento, a adición de tal importe e os seus xuros percibirá o legal do diñeiro incrementado en dous puntos porcentuais.

2º. Que debo condenar e condeno o Fogasa a estar e pasar pola condena imposta ás empresas demandadas.

3º. Que, así mesmo, debo condenar e condeno a Administración concursal da entidade Isalcor Valga, S.L., a estar e pasar pola condena imposta a tal empresa.

4º. Que debo absolver e absolvo a Atesvi, S.L. e a súa administración concursal de todos os pedimentos articulados na súa contra.

5º. Non se fai especial imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que, contra ela, non cabe recurso ningún.

Así por esta miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carpintería Metálica Tecre, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia. Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza