Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2017 Páx. 40860

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 629/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 629/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén del Oro Cores contra Fondo de Garantía Salarial, Luis Miguélez Vázquez, Hermanos Miguélez, C.B., María del Rocío Mollinedo Casas, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo:

Que estimo a demanda interposta por Mª Belén del Oro Cores fronte á empresa Hermanos Miguélez, C.B., Luis Miguélez Vázquez e María del Rocío Mollinedo Casas e declaro extinguida a relación contractual entre a traballadora e a empresa demandada referida, e condeno os integrantes da comunidade de bens Luis Miguélez Vázquez e María del Rocío Mollinedo Casas a que lle aboen á demandante de forma solidaria a seguinte cantidade en concepto de indemnización: 8.773,02 euros, agás erro aritmético. Igualmente, condeno os mesmos a que, de igual forma, aboen á demandante a cantidade de 5.099.22 euros en concepto de salarios máis o 10 % de xuro de demora.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establece o artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación “Depósitos e consignacións”, co número 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se poderá asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Luis Miguélez Vázquez, Hermanos Miguélez, C.B., María del Rocío Mollinedo Casas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 24 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza