Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40576

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (847/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 847/2016 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Beatriz Eugenia García Golpe, Adriana Figueroa Lorenzo e Cristina Vila Pombar contra Ginebase, S.L.; Clínica Ginecológica Bayo de Enrique, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade nº 847/2016.

Demandantes: Beatriz Eugenia García, Cristina Vila Pombar e Adriana Figueroa Lorenzo.

Letrada: Sra. Vázquez Méndez.

Demandados:

Ginebase, S.L.

Clínica Ginecológica Bayo de Enrique, S.L.

Fogasa.

Sentenza nº 498/2017.

A Coruña, 12 de xullo de 2017.

Resolvo:

Acepto a demanda formulada por Beatriz Eugenia García Golpe, Cristina Vila Pombar e Adriana Figueroa Lorenzo fronte á Clínica Ginecológica Bayo de Enrique, S.L. e Ginebase, S.L. e, en consecuencia:

Condeno a empresa Clínica Ginecológica Bayo de Enrique, S.L. a aboarlle a Beatriz Eugenia García Golpe a suma de 2.619,23 euros polos conceptos analizados no feito sexto da demanda, así como os xuros derivados do artigo 29.3 do ET.

Condeno a empresa Clínica Ginecológica Bayo de Enrique, S.L. a aboarlle a Cristina Vila Pombar a suma de 1.102,56 euros polos conceptos analizados no feito sexto da demanda e a empresa Ginebase, S.L. a aboarlle a de 661,53 euros, en ambos os dous casos con aboamento dos xuros do artigo 29.3 do ET.

Condeno a empresa Clínica Ginecológica Bayo de Enrique, S.L. a aboarlle a Adriana Figueroa Lorenzo a suma de 2.046,14 euros polos conceptos analizados no feito sexto da demanda, así como os xuros derivados do artigo 29.3 do ET.

A responsabilidade do Fogasa será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndoas de que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ginebase, S.L. e Clínica Ginecológica Bayo de Enrique, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza