Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40578

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de auto de aclaración (DSP 1020/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos, en xeral, 1020/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa García Vidal contra Naval Metalúrgica Donis, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento nº 1020/2016.

Demandante: María Luisa García Vidal.

Demandada: Naval Metalúrgica Donis, S.L.

Auto:

A Coruña, 19 de xullo de 2017.

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 31.5.2017 que adquiriu firmeza. Este xulgador, á hora de examinar a demanda executiva interposta pola parte demandante, puido apreciar a existencia dun erro material na resolución da sentenza que, a través deste auto, se debe corrixir de oficio.

Parte dispositiva:

Cómpre a emenda do erro material advertido, de xeito que na resolución da sentenza, na letra A).1º, onde di: «18.055,43 euros», debe dicir: «4.426,34 euros».

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Naval Metalúrgica Donis, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza