Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40259

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1115/2014).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 1115/2014 por instancia de Alfonso Varela García contra a Mutua Intercomarcal, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Mistrala, S.A., sobre incapacidade, nos cales se ditou a Sentenza do 13 de xullo de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Desestímase a demanda formulada por Alfonso Varela García contra a Mutua Intercomarcal, a empresa Mistrala, S.A., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e absólvense as ditas entidades e organismos das pretensións deducidas contra eles.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará coa manifestación da parte ou do seu avogado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Mistrala, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de xullo de 2017

O secretario xudicial