Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40260

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (199/2017).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 199/2017 por instancia de Isidro Pena López contra a empresa Miguel Vázquez Penas e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento en que recaeu auto de aclaración de sentenza na data do 21.7.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva.

Por S.Sª acórdase que procede a aclaración solicitada e, en consecuencia, o encabezamento da sentenza quedará do teor literal seguinte:

«Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e testemuño de que nos citados autos se ditou resolución que literalmente di:

Sentenza.

A Coruña, 9 de maio de 2017.

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 199/2017 sendo parte neste, dun lado, como demandante, Isidro Pena López, asistido polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e, doutro, como demandada a empresa Miguel Vázquez Penas, que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que igualmente deixa de comparecer, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza».

E, para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Miguel Vázquez Penas expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de xullo de 2017

O secretario xudicial