Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40257

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (55/2017).

DCT. Divorcio contencioso 55/2017

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 55/2017

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Ernesto Guevara Álvarez

Procuradora: Sandra Amor Vilariño

Avogado: Francisco Lagoa Cabana

Demandada: Lilian Cristiane Mereles Pauleti

Eu, Tatiana Villaescusa Martín, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Ernesto Guevara Álvarez contra Lilian Cristiane Mereles Pauleti ditouse a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 115/2017.

Betanzos, 13 de xullo de 2017.

Vistos por min, Roberto Barba Alvedro, en xuízo oral e público, os autos do xuízo verbal, dito sentenza con base no seguinte.

Resolvo:

Estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sandra Amor, en nome e representación de Ernesto Guevara Álvarez, e asistida do letrado Francisco Lagoa, contra Lilian Cristiane Mereles Pauleti, en rebeldía procesual, debo declarar disolto por divorcio o matrimonio celebrado entre Ernesto Guevara Álvarez e Lilian Cristiane Mereles Pauleti, con todos os efectos inherentes a tal declaración, sen expresa imposición das custas procesuais.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde estea inscrito o matrimonio.

Contra esta sentenza poderase interpor, ante este xulgado, recurso de apelación que se presentará por medio de escrito presentado neste xulgado.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia».

Ao encontrarse a dita demandada, Lilian Cristiane Mereles Pauleti, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 18 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza