Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40255

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 424/2017-GA).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 424/2017-GA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 349/2016 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: ver PDF

Graduada social: Rosa María Alonso Esperón

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Segur Ibérica, S.A., Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de Seguridad Social número 274

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, (…), Cristina Catalán Hinrichs, (…)

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 424/2017-GA desta sala, seguido por instancia de ver PDF contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Segur Ibérica, S.A. e Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de Seguridad Social número 274 sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por ver PDF contra a sentenza do 17 de novembro de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo no procedemento número 349/2016 sobre determinación de continxencia, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza contra a cal se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Segur Ibérica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza