En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, se acordou depositar a modificación dos artigos 19, 26, 33, 34, 38 e 39 dos estatutos da Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG).
Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Ámbito profesional: poderán afiliarse todos os traballadores e todas as traballadoras con independencia da súa idade, sexo, nacionalidade, orixe, raza, estado civil, relixión, ideoloxía, situación de actividade ou inactividade laboral e relación de emprego pública ou privada.
Asinantes: Manuel Belver Belver (presidente) e Ángela María Lagoa Ferreira (secretaria de actas do II congreso).
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego