Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación Educación e Xestión da Comunidade Autónoma de Galicia, depositada co número 72-167-1989.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, se acordou depositar a modificación dos artigos 3, 5, 8, 9, 11, 13, 14, 16, 18, 23, 24, 25, 28, 30, 34, 35, 38, 39, 40 e a disposición transitoria dos estatutos da Federación Educación e Xestión da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderanse afiliar á federación os empresarios de centros de formación ou ensino católicos, sen ánimo de lucro, que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da federación, así como as asociacións do ámbito territorial da federacion que agrupen os citados empresarios.

Asinantes: Juan Manuel Buján García (presidente) e José Ignacio Parajó Calvo (secretario).

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego