Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do depósito dos estatutos da Asociación de Centros Sanitarios de Galicia (Acesga).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositaron os estatutos da Asociación de Centros Sanitarios de Galicia (Acesga), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: actividades sanitarias e de atención á saúde, no seu sentido máis amplo, tanto na prevención como no diagnóstico e o tratamento, e os servizos complementarios relacionados coas actividades sanitarias e de atención á saúde.

Asinan a acta de constitución: Enrique Vázquez Justo, Blanca Ana García Rodríguez e Nuria Agra Arangude.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego