Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39967

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (795/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 795/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Montserrat Cajide Roca contra a empresa María Inmaculada Alvariño Pena, María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez, Mafiar, S.C. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Auto.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2017.

Feitos.

Primeiro. Con data do 27 de xuño de 2017 este xulgado ditou sentenza en virtude de demanda presentada por María Monserrtat Cajide Roca contra a entidade Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño e Inmaculada Alvariño Peña.

Segundo. Pola asistencia letrada da parte demandante presentouse escrito mediante o que se solicita a aclaración da referida sentenza de conformidade cos artigos 267 da LOPX e 215 da LAC.

Parte dispositiva.

Acórdase aclarar o contido da sentenza con data do 27 de xuño de 2017, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:

Na decisión da sentenza debe dicir: “Que debo estimar e estimo a demanda presentada a instancia de María Montserrat Cajide Roca e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes a data da presente resolución, condenando solidariamente a empresa demandada, María José Martínez Alvariño e Inmaculada Alvariño Peña a estar e pasar pola anterior declaración e a aboar á demandante unha indemnización de 10.821,48 euros.

Así mesmo, condénase solidariamente ás demandadas aboar á demandante a cantidade de 12.164,93 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos, máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

E igualmente condénaselle á demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros”.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpoñer contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a María Inmaculada Alvariño Pena, María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez, Mafiar, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza