Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39966

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (46/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 46/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Martínez Paz contra a empresa Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., Nueva Línea Iglesias, S.L., Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L. e Fábrica de Madera Hermanos Iglesias, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que se declara extinguida a relación laboral entre José Manuel Martínez Paz e as empresas Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L., Fábrica de Madera Hermanos Iglesias, S.L. e Barnizados y Lacados Iglesias, S.L. Acórdase o pagamento da seguinte indemnización e condénase ás seguintes cantidades: 38.403,01 euros en concepto de indemnización e, en concepto de salarios de tramitación que se devindicarán ata a data desta resolución, a cantidade de 49,16 euros diarios, sen prexuízo dos descontos que procedan.

Con intervención do Fogasa.

Acórdase o arquivamento desta execución e débense reclamar as cantidades debidas mediante a interposición da correspondente demanda de execución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L. e Fábrica de Madera Hermanos Iglesias, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 18 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza