Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39973

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (129/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 129/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Florindo Antonio Iglesias Pedrosa, contra a empresa Panadería Kuralay, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto do 13 de xullo de 2017 e decreto en data 17 de xullo de 2017, cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a Florindo Antonio Iglesias Pedrosa coa demandada, Panadería Kuralay, S.L., e condeno á executada a aboarlle a Florindo Antonio Iglesias Pedrosa a cantidade de 3.916,20 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 10.138,65 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, resultando un total de 14.054,85 euros, en concepto de principal, máis 1.405,48 euros que provisionalmente se presupostan en concepto de xuros, gastos e custas.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así, acórdao, mándao e asínao, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Panadería Kuralay, S.L., pola cantidade reclamada de 14.054,85 euros de principal (3.916,20 euros de indemnización +10.138,65 € de salarios de tramitación), máis 1.405,48 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, e, se non pagase no prazo de dez días, procederase o embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Panadería Kuralay, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Poñer en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do auto con data do 13 de xullo de 2017 polo que se despacha execución con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o que se despachou execución (artigo 551.3. apartado final).

Notifíquese ás partes e a Panadería Kuralay, S.L., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela aberta no banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0129 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0129 17”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, acórdao e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Panadería Kiralay, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza