Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39971

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (996/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 996/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Feliciano Cajide Abonjo contra Construcciones Paraño, S.A., Necso Entrecanales Cubiertas, S.A., Industrias González, S.L., HDI Hannover Internacional Seguros y Reaseguros, S.A., UTE Cidade da Cultura UTE Cidade da Cultura e Allianz Seguros, S.A., sobre seguridade social, se ditou sentenza de data 30.6.2017, cuxo encabezamento e fallo son do teor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, logo de ver os presentes autos de procedemento ordinario seguidos neste xulgado co número 996/2014, sendo parte neste, como demandante/s, José Feliciano Cajide Abonjo, asistido polo letrado Sr. Ferreiro Casal, e, como demandado/s, Construcciones Paraño, S.A. (agora S.A. de Obras y Servicios, Copasa), Industrias González, S.L., en calidade de administrador concursal José Manuel Mosquera Santé, José Luis Feijoo Borrego, que non comparecen malia a súa citación en legal forma, UTE Cidade da Cultura e Necso Entrecanales Cubiertas, S.A. (agora Acciona Infraestructuras, S.A.), asistidas ambas as dúas entidades polo letrado Sr. Freire Amador, Hannover Internacional Seguros y Reaseguros, S.A., asistida polo letrado Sr. Lucas Olmedo, e Allianz Seguros, S.A, representada pola procuradora Sra. Regueiro Muñoz e asistida pola letrada Sra. García Varela, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Decido

Estímase parcialmente a demanda interposta por José Feliciano Cajide Abonjo fronte a Industrias González, S.L., con citación en calidade de administrador concursal José Manuel Mosquera Santé e José Luis Feijoo Borrego, UTE Cidade da Cultura, Construcciones Paraño, S.A. (agora S.A. de Obras y Servicios, Copasa), Necso Entrecanales Cubiertas, S.A. (agora Acciona Infraestructuras, S.A.), Hannover Internacional Seguros y Reaseguros, S.A., e Allianz Seguros, S.A., e, en consecuencia, condénase solidariamente as demandadas Industrias González, S.L., Construcciones Paraño, S.A. (agora S.A. de Obras y Servicios, Copasa) e Necso Entrecanales Cubiertas, S.A. (agora Acciona Infraestructuras, S.A.) a aboar ao demandante a cantidade de 15.168,67 euros, máis o xuro legal desde a data da estabilización (26.1.2003), incrementado en dous puntos desde a data desta resolución ata o pagamento. Declárase a responsabilidade civil directa e solidaria de Hannover Internacional Seguros y Reaseguros, S.A., e Allianz Seguros, S.A. Respecto das aseguradoras, é aplicable o xuro legal do diñeiro incrementado no 50 %, desde a data de notificación da sentenza e do 20 %, unha vez transcorridos dous anos desde a citada notificación, con desestimación do resto de pretensións deducidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non ostente o carácter de traballador ou habente-causa súa ou beneficiaria do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na “conta de depósitos e consignacións” aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no apartado 4 do artigo 229 da LRXS.

Así, acórdao, mándao e asínao, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Industrias González, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza