Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39823

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (497/2016).

Olalla Soengas Varela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, certifica que no procedemento de divorcio contencioso 497/2016 se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vilagarcía de Arousa, 29 de xuño de 2017.

Vistos por Rosa Lama Mara, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, despois de ver os presentes autos de divorcio contencioso, seguidos co número 497/2016, promovidos pola procuradora Esther García Romarís, en nome e representación de Benito Javier Paz Iglesias, asistido da letrada Ana María Barreiro Barros, contra Rita de Cassia Cordeiro Aguiar, en rebeldía procesual.

Resolución

Estimando a demanda de divorcio formulada pola procuradora Esther García Romarís, en nome e representación de Benito Javier Paz Iglesias contra Rita de Cassia Cordeiro Aguiar, debo declarar e declaro a disolución do matrimonio contraído polos ditos cónxuxes, por divorcio, con todos os seus efectos legais. Acórdase a revogación de poderes e consentimentos que puideron outorgarse os cónxuxes e acórdase a disolución da sociedade de gananciais.

Todo iso sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

Firme que é esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil da Illa de Arousa e ao Rexistro Civil Central de Madrid para que este, pola súa vez, o comunique ao Rexistro de Newark en New Jersey, onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes; e poñéndose nas actuacións certificación desta, inclúase a presente no libro de sentenzas.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que esta non é firme e que fronte a ela poderá formularse impugnación mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 da LAC). O recurso interpoñerase ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expoñer as alegacións en que se basea a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.1 e 2 LAC).

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Rosa Lama Mara, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Rita de Cassia Cordeiro Aguiar, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 5 de xullo de 2017

Olalla Soengas Varela
Letrada da Administración de xustiza