Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 31 de xullo de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución dun expediente de compatibilidade.

Con data do 18 de xullo de 2017 o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada polo conselleiro de Facenda en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG núm. 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), ditou resolución pola que se autoriza a solicitude de compatibilidade presentada por José Manuel Cerqueiro González.

Logo de tentar a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foi devolta polo dito servizo, por «enderezo incorrecto».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude deste anuncio, notifícalle a José Manuel Cerqueiro González a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública