Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 39042

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do sector de solo urbanizable Monte Balado.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de xuño de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o documento denominado modificado do Plan parcial do sector de solo urbanizable Monte Balado, redactado pola arquitecta municipal e polo asesor xurídico urbanístico do Concello, do 2 de febreiro de 2017, que foi aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local como órgano competente do Concello, por delegación da Alcaldía do 10.7.2015, en sesión do 8 de febreiro de 2017.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 87 e 88 da Lei do solo de Galicia, este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e remitirase a modificación á consellería para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Unha vez producida a inscrición, publicarase a normativa aprobada no Boletín Oficial da provincia para a súa entrada en vigor.

Contra o acordo da aprobación definitiva da citada modificación poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Brión, 14 de xullo de 2017

José Luis García García
Alcalde