Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 39039

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente S-A-02-2017).

1.1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: S-A-02-2017.

1.2. Subministración financiada ao abeiro da Orde do 27 de xaneiro de 2017 da Consellería de Econmía, Emprego e Industria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: renovación e mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública (polígono de Bergondo).

b) Lugar de entrega: segundo se indica no proxecto de execución.

c) Prazo de entrega: corenta e dous (42) días naturais contados desde o seguinte ao da formalización do contrato.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación.

Valor estimado: 129.585,47 € máis o IVE (21 %): 27.212,95 €. Importe total: 156.798,42 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: Bergondo, 15165.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Perfil do contratante: www.bergondo.es.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de oito (8) días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP) que deberán rexer a contratación.

d) Lugar de presentación: Rexistro Xeral. Concello de Bergondo.

8. Solvencia económico-financeira e técnica.

8.1. Solvencia económica: mínimo: o volume anual de negocios do licitador, que referido ao ano de maior volume dos tres últimos concluídos deberá ser polo menos de 194.378,21 euros, acreditado conforme dispón o artigo 11.4.a) Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro.

8.2. Solvencia técnica: mínimo: presentación da relación das principais subministracións ou traballos do mesmo tipo a que corresponde o obxecto do contrato, realizados nos cinco últimos anos, que inclúa o importe, as datas e os seus beneficiarios públicos ou privados. O importe anual acumulado no ano de maior execución deberá ser igual ou superior a 70.709,83 euros, acreditado conforme dispón o artigo 11.4.b) do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro.

9. Criterios de adxudicación do contrato.

9.1. Criterios cuxa valoración require un xuízo de valor: ata 40 puntos, coa desagregación de subcriterios indicados na cláusula 16.1.1. do PCAP.

9.2. Oferta económica: ata 45 puntos, mediante fórmula indicada na cláusula 16.1.2 do PCAP.

10. Apertura das ofertas.

Anunciarase no perfil do contratante.

11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 deste anuncio.

12. Gastos do adxudicatario.

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Bergondo, 7 de agosto de 2017

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa