Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 39043

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (expediente O-6/2017).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: O-6/2017.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras correspondentes á reforma e conservación da cuberta e estrutura metálica das bancadas do estadio de Riazor.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, suxeito a regulación armonizada.

4. Orzamento base de licitación: 8.238.037,68 € (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría 6.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 23 de agosto de 2017. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura das proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 20 de xullo de 2017

O alcalde
(Decreto de delegación do 18.4.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente de alcalde delegado da Área de Emprego e Economía Social