Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 39045

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato de servizos (expediente 2017007431, ref. 2447).

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2017007431, ref. 2447.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de alugamento dos equipamentos de son, equipamentos de iluminación, equipamentos de vídeo e elementos auxiliares necesarios para a realización dos concertos nas festas de Ourense 2017 (lote 1: Praza Maior; lote 2: Xardín do Posío; lote 3: Praza do Ferro; lote 4: Praza San Martiño).

c) CPV: 51313000-9 (servizos de instalación de equipamento de son), 51314000-6 (servizos de instalación de equipamento de vídeo), 92370000-5 (técnico de son), 32342410-9 (equipamento de son).

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 3.5.2017, 9.5.2017 e 9.5.2017.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: lote 1: 24.739,39 euros; lote 2: 9.090,91 euros; lote 3: 5.785,12; lote 4: 8.264,46 euros. IVE: lote 1: 5.206,61 euros; lote 2: 1.909,09 euros; lote 3: 1.214,88 euros; lote 4: 1.735,54 euros. Importe total: lote 1: 30.000 euros; lote 2: 11.000 euros; lote 3: 7.000 euros; lote 4: 10.000 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22 de xuño de 2017.

b) Data de formalización: lotes 1, 2 e 4: 23 de xuño de 2017; lote 3: 26 de xuño de 2017.

c) Contratista: Lote 1: Fernando Martínez Rodríguez. Lote 2: Fernando Martínez Rodríguez. Lote 3: Global Setup, S.L. Lote 4: Fernando Martínez Rodríguez.

d) Importe de adxudicación: Lote 1. Importe neto: 18.471,07 euros. IVE: 3.878,92 euros. Importe total: 22.349,99 euros. Lote 2. Importe neto: 7.560 euros. IVE: 1.587,60 euros. Importe total: 9.147,60 euros. Lote 3. Importe neto: 4.800 euros. IVE: 1.008 euros. Importe total: 5.808 euros. Lote 4. Importe neto: 6.157,02 euros. IVE: 1.292,97 euros. Importe total: 7.449,99 euros.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ser as ofertas económicas máis vantaxosas e cumprir estas con todos os criterios dos pregos de condicións. Todo isto serve como motivación.

Ourense, 28 de xuño de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde