Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38594

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (807/2016).

Rolo: recurso de apelación (LACN) 807/2016

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados

Procedemento de orixe: execución de títulos non xudiciais 116/2012

Recorrente: Ermitas Novas Cousiño, Juan Jose Sousa Nacimiento

Procurador: Javier Almón Cerdeira

Avogado: Agustín Martínez Fabelo

Recorrido: Lindorff Holding Spain, S.L. Unipersonal, Soynaci Kenzai Internacional, Soynaci

Procuradora: Dolores Abella Otero

Avogado: Darío Bernardo Hernández Martínez

Na presente peza de apelación civil número 807/2016, dimanante de execución de títulos xudiciais número 116/2012 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados, seguido por instancia de Ermitas Novas Cousiño e Juan Jose Sousa Nacimiento fronte a Soynaci Kenzai Internacional, S.L. e Soynaci, S.L. e outro, ditouse auto, cuxo teor literal é o seguinte:

«Maxistrados: Francisco Javier Menéndez Estébanez, María Begoña Rodríguez González, Jacinto José Pérez Benítez.

Auto número 258.

Pontevedra, 5 de decembro de 2016.

Seguen antecedentes de feito e razoamentos xurídicos.

Acordamos que debiamos desestimar e desestimabamos o recurso de apelación formulado por Juan José Sousa Nacimento e Ermitas Novas Cousiño representados polo procurador Francisco Javier Almón Cerdeira contra o auto do 1 de setembro de 2016 ditado no procedemento de execución de título non xudicial número 116/2012 polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Cambados sen facer pronunciamento en canto ás custas.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados que compoñen esta sala, Francisco Javier Menéndez Estébanez, presidente, María Begoña Rodríguez González, relatora, e Jacinto José Pérez Benítez. Dou fe».

Seguen as rúbricas. Certifico.

E encontrándose os devanditos demandados, Soynaci Kenzai Internacional, S.L. e Soynaci, S.L., en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente co fin que sirva de notificación en forma a estes.

Pontevedra, 21 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza