Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38592

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4848/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4848/2016 desta sección, seguido por instancia de Izar Construcciones Navales, S.A., en liquidación contra Mapfre-Mussini, S.A., María Luisa Cruz García, Enrique Feal Cruz, Francisco Javier Feal Cruz, Luis Feal Cruz, Guillermo Feal Cruz, Izar Sael, Aplicaciones Marinas, S.A., Detor, S.L., sobre outros dereitos da Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución:

«Decidimos estimamos en parte o recurso de suplicación interposto por Izar Construcciones Navales, S.A., en liquidación fronte á sentenza do 18 de abril de 2016 do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, ditada nos autos nº 895/2014 seguidos por instancia de María Luisa Cruz García, Enrique, Francisco Javier, Luis e Guillermo Feal Cruz, e sendo codemandadas, ademais da recorrente, Navantia, S.A., Aplicaciones Marinas, S.A., e Detor, S.L. –ademais de Mapfre Mussini, S.A., absolvida na instancia–. E, revogando en parte a sentenza de instancia –pronunciamiento (b) da citada sentenza–, fixamos a indemnización para cada un dos fillos obxecto de condena solidaria en 20.000 euros. Todo iso mantendo o resto de pronunciamentos realizados na instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

Para que sirva de notificación en legal forma a Dextor, S.L., Aplicaciones Marinas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza