Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38596

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (494/2016).

Na presente peza de apelación civil número 494/2016, dimanante da execución de títulos non xudiciais número 112/2015 do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, seguido por instancia de Banco Pastor, S.A.U. fronte a Carlos Sequeiros Pousada e outros, ditouse auto, cuxo teor literal é o seguinte:

«Maxistrados: Francisco Javier Menéndez Estébañez, Manuel Almenar Berenguer, María Begoña Rodríguez González.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, ingresada polos maxistrados anteriormente expresados, ditou en nome do rei o seguinte auto número 35:

En Pontevedra o dez de febreiro de dous mil dezasete.

Seguen antecedentes de feito e razoamentos xurídicos.

A sala acorda que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto polo procurador Sr. Fandiño Carnero, en nome e representación da entidade Banco Pastor, S.A.U., contra o auto ditado o 29 de febreiro de 2016 polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra e, en consecuencia, debemos confirmar e confirmamos integramente a devandita resolución.

Todo iso sen facer expresa condena en custas.

Así o acorda a sala e o pronuncian, mandan e asinan os maxistrados expresados na marxe. Dou fe.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E encontrándose o apelado demandado Carlos Sequeiros Pousada, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 12 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza