Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017 pola que se fai pública a formalización de varios contratos de obras.

A. Contrato de obras consistente na rehabilitación dun edificio para dúas vivendas de promoción pública e un local comercial na rúa Cerca, núm. 9, Betanzos, A Coruña. Expediente: C-2015/CH 01.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de rehabilitación dun edificio de dúas vivendas de promoción pública e un local comercial.

b) Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: catrocentos mil douscentos cincuenta e dous euros (400.252,00 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): corenta mil vinte e cinco euros con vinte céntimos (40.025,20 €).

c) Importe total: catrocentos corenta mil douscentos setenta e sete euros con vinte céntimos (440.277,20 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6 de xullo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 13 de xullo de 2017.

c) Contratista: Ogmios Proyecto, S.L.

d) Importe de adxudicación: trescentos corenta e cinco mil oitocentos euros (345.800,00 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

B. Contrato de obras consistente na rehabilitación dun edificio para tres vivendas de promoción pública e un local comercial na rúa Cerca, núm. 13, Betanzos, A Coruña. Expediente: C-2015/CH 02.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de rehabilitación dun edificio de tres vivendas de promoción pública e un local comercial.

b) Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cincocentos sete mil setecentos cincuenta e oito euros con cincuenta e un céntimos (507.758,51 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): cincuenta mil setecentos setenta e cinco euros con oitenta e oito céntimos (50.775,88 €).

c) Importe total: cincocentos cincuenta e oito mil cincocentos trinta e catro euros con sesenta e nove céntimos (558.534,69 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6 de xullo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 17 de xullo de 2017.

c) Contratista: UTE Construcciones Orega, S.L.-Construcciones Delfín Ferreiro Rodriguez, S.L.

d) Importe de adxudicación: catrocentos sesenta e tres mil vinte e cinco euros con vinte e seis céntimos (463.025,26 €)

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

C. Contrato de obras consistente na rehabilitación dun edificio para unha vivenda de promoción pública e un local comercial na rúa Clérigos, núm. 13, Betanzos, A Coruña. Expediente: C-2012/CH 03.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de rehabilitación dun edificio dunha vivenda de promoción pública e un local comercial.

b) Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento oitenta e cinco mil catrocentos un euros con oitenta e catro céntimos (185.401,84 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): dezaoito mil cincocentos corenta euros con dezaoito céntimos (18.540,18 €).

c) Importe total: douscentos tres mil novecentos corenta e dous euros con dous céntimos (203.942,02 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 10 de xullo de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 19 de xullo de 2017.

c) Contratista: Construcciones Abal, S.A.

d) Importe de adxudicación: cento cincuenta e nove mil trescentos cincuenta e catro euros con vinte e catro céntimos (159.354,24 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo