Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2017, da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, pola que se acorda o inicio do proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de promoción pública en segundas ou posteriores adxudicacións no concello de Santiago de Compostela (expediente C-2002/010 (Belvís).

De conformidade co establecido no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como as acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas, e no Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Comisión Provincial de Vivenda da Coruña

ACORDA:

Iniciar o proceso de selección de adxudicatarios/as de vivendas de promoción pública en segundas ou posteriores adxudicacións no concello de Santiago de Compostela, expediente C-2002/010 (Belvís), que se desenvolverá de conformidade coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto do procedemento

1. O procedemento ten por obxecto adxudicar, logo dos seu correspondente proceso de selección de adxudicatarios/as, as dez vivendas de promoción pública do concello de Santiago de Compostela que se indican á continuación e as vivendas da mesma promoción singular que estean de novo a disposición do IGVS ao longo do período de vixencia destas bases, consonte o establecido na base sétima.

Expediente

Conta

Enderezo

m2 útiles

Nº hab.

C2002/010

2

Camiño da Ameixaga bloque 1, P24-1º esq.

81,96

3

C2002/010

4

Camiño da Ameixaga bloque 1, P24-2º esq.

81,96

3

C2002/010

18

Camiño da Ameixaga bloque 2, P11-1º esq.

63,89

2

C2002/010

26

Camiño da Ameixaga bloque 2, P7-1º esq.

63,89

2

C2002/010

34

Camiño da Ameixada bloque, P8-3º esq.

64,53

2

C2002/010

38

Camiño da Ameixaga bloque 3, P6-2º esq.

80,61

3

C2002/010

47

Camiño da Ameixaga bloque 4, P12-3º dta.

80,61

3

C2002/010

58

Camiño da Ameixaga bloque 5, P16-1º esq.

64,53

2

C2002/010

63

Camiño da Ameixaga bloque 5, P14-1º dta.

64,53

2

C2002/010

66

Camiño da Ameixaga bloque 5, P14-2º esq.

64,53

2

Todas as vivendas dispoñen de rocho e garaxe.

2. A promoción de que se trata foi cualificada como promoción singular ao abeiro da disposición adicional terceira do Decreto 257/2004, do 29 de outubro. O réxime xurídico é o das vivendas cualificadas en núcleo histórico.

3. Para realizar as adxudicacións elaborarase unha lista, integrada por 30 persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda (se as houbese), para a quenda xeral, elixidas polo procedemento previsto nestas bases.

Segunda. Requisitos dos beneficiarios/as

1. Poderán resultar adxudicatarias das vivendas as persoas, nacionais ou estranxeiras, maiores de idade ou menores emancipadas, con plena capacidade de obrar que reúnan os seguintes requisitos:

a) Atoparse inscritas no Rexistro Único de Demandantes na data desta resolución de inicio, na sección 1ª ou 2ª, subsección alugamento/arrendamento, do Rexistro de Demandantes para o concello de Santiago de Compostela como concello preferente

b) Pertencer ao colectivo a que van destinadas as vivendas desta promoción: demandantes de entre 18 e 35 anos.

c) Acreditar ingresos ponderados por unidade familiar ou convivencial, no último exercicio fiscal vencido, entre 1 e 3,5 veces o índice público de rendas de efectos múltiples (IPREM).

d) Formar parte dunha unidade familiar/convivencial de ata 6 integrantes, en atención ás características das vivendas ofertadas.

e) Residir ou traballar no concello de Santiago de Compostela, agás no caso de emigrantes que desexen retornar e que acrediten residir fóra de Galicia por un tempo non inferior a cinco anos.

f) Carecer calquera membro da unidade familiar ou convivencial de vivenda en calidade de propietario/a, agás que se dea algunha das seguintes circunstancias:

– Acreditar que a vivenda da que se dispón sexa inhabitable, insuficiente ou inadecuada nos termos do artigo 10.IV do Decreto 253/2007. Se resulta adxudicatario/a, queda obrigado a ofertar ao IGVS a dita vivenda.

– Habitar unha vivenda suxeita a expediente de expropiación ou desafiuzamento xudicial ou administrativo non imputable ao interesado, ou ben ocupar aloxamentos provisionais como consecuencia de situacións de emerxencia ou remodelación que impliquen a perda da vivenda.

g) Non atoparse en ningunha destas circunstancias, referidas a calquera membro da unidade familiar ou convivencial:

– Que xa foran titulares de VPP e a perdesen como consecuencia dun procedemento de desafiuzamento, resolución de contrato tramitado polo IGVS ou a allease por calquera causa, coa excepción de cambio de residencia por motivos laborais, ou outros xustificados, a xuízo da Comisión Provincial.

– Que sexan titulares de bens inmobles de natureza rústica ou urbana suxeitos ao imposto sobre bens inmobles que teñan un valor catastral superior a 30.000 euros.

2. Sen prexuízo do antedito, será requisito para a adxudicación da vivenda manter a vixencia da inscrición ao longo de todo o proceso de selección, de xeito que a falta de renovación da inscrición, de resultar obrigada nos termos do artigo 15 do Decreto 1/2010, en calquera momento anterior ao acordo de adxudicación definitiva, determinará a perda do dereito ao acceso á vivenda.

Terceira. Réxime de adxudicación

1. A vivenda adxudicarase en réxime de arrendamento para satisfacer as necesidades dos colectivos especificados.

O réxime de adxudicación manterase durante toda a vixencia do réxime legal de protección sen que sexa posible o cambio de réxime de alugamento a compra.

2. De conformidade co artigo 74 da Lei 8/2012, a Comisión Provincial de Vivenda poderá, en calquera momento anterior á aprobación da lista definitiva de adxudicatarios/as e de espera, afectar vivendas deste proceso para a súa adxudicación en réxime de arrendamento a persoas que formen parte dos colectivos a que van destinadas as vivendas da promoción, polo procedemento previsto no artigo 47 e seguintes do Decreto 253/2007.

Cuarta. Condicións xerais de carácter económico

O contrato de arrendamento terá unha vixencia de 5 anos prorrogables por períodos anuais e estará prohibido, en todo caso, a cesión ou subarrendamento, total ou parcial. A contravención desta prohibición dará lugar á resolución do contrato de arrendamento, con independencia das sancións que procedan.

A renda inicial anual será a que resulte de aplicarlle o 3 % ao que sería o prezo de venda da vivenda e anexos, determinado de acordo co establecido no Decreto 253/2007.

A eficacia da adxudicación estará condicionada á sinatura do correspondente contrato de arrendamento, logo do pagamento por parte do/da adxudicataria da fianza correspondente.

Quinta. Procedemento de selección

1. O procedemento de selección tramitarase consonte o establecido nos artigos 22 a 30 do Decreto 1/2010.

2. A selección efectuarase mediante sorteo, que se celebrará ante notario o día 29 de agosto do 2017, agás indispoñibilidade do fedatario autorizante, en cuxo caso se publicará a data definitiva do sorteo na páxina web do IGVS, cunha antelación mínima de tres días naturais.

No sorteo elixiranse 30 persoas (se as houbese) por orde correlativa.

3. Unha vez rematado o sorteo, procederase á publicación da lista provisional de adxudicatarios/as e de espera. Realizados os trámites previstos nos artigos 24 e 25 do Decreto 1/2010, a Comisión Provincial de Vivenda ditará resolución aprobatoria da lista definitiva de adxudicatarios/as e de espera.

Sexta. Publicidade, reclamacións e recursos

1. A resolución de inicio do procedemento de adxudicación publicarase no DOG e nela indicarase o medio onde se efectuarán as sucesivas publicacións, entendendo por sucesivas publicacións as das listas provisional e definitiva de adxudicatarios/as e de espera.

A publicación das listas provisional e definitiva de adxudicatarios/as e de espera realizarase nos taboleiros de anuncios do concello, no da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo e na páxina web do organismo.

A publicación substituirá as notificacións persoais de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Tras a publicación da lista provisional na forma indicada, as persoas solicitantes que se consideren prexudicadas no seu dereito disporán dun prazo de dez días para presentar reclamacións ante a Comisión Provincial de Vivenda, que deberá adoptar a resolución que proceda no prazo máximo de tres meses.

3. Contra a aprobación da lista definitiva de adxudicatarios/as e de espera, logo da súa publicación nos termos sinalados no número 1, poderase interpor recurso de reposición de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015.

Sétima. Vixencia das listas definitivas

As listas definitivas deste proceso de selección manterán a súa vixencia ata que teña lugar algunha das seguintes circunstancias:

– Que se cumpra un ano desde a aprobación de tales listas.

– Que se produza a súa caducidade automática ao resultar esgotadas por non quedaren integrantes aos cales ofertar as vivendas.

– Que sexan aprobadas novas listas definitivas noutro proceso en que se inclúan as vivendas vacantes deste.

A Coruña, 4 de xullo de 2017

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente da Comisión Provincial de Vivenda da Coruña