Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de agosto de 2017 pola que se notifica emprazamento no recurso contencioso-administrativo PO 156/2017 do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, notifícase a Alimentación Projoscar, S.L., por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido, o emprazamento no recurso contencioso-administrativo PO 156/2017 do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, de acordo co artigo 49.1 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa para os efectos de que poidan comparecer nun prazo de 9 días.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os datos identificativos do recurso contencioso-administrativo son os seguintes:

– Xulgado competente: Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela

– Número de procedemento: procedemento ordinario 156/2017.

– Recorrente: Abanca Corporación Bancaria, S.A.

– Actuación administrativa impugnada: resolución de caducidade da concesión administrativa.

– Demandado: ente público Portos de Galicia.

E para que conste e lles sirva de notificación e en cumprimento do disposto no artigo 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia