Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración e instalación de tres ascensores no Hospital Universitario A Coruña (expediente AB-EIC1-17-018).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Xerencia de Xestión Integrada A Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña.

2º. Domicilio: Paseo do Xeneral Sir John Moore, 2, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 17 80 00 (extensión 291157) e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.gal e www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día de presentación de ofertas.

d) Número do expediente: AB-EIC1-17-018.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración e instalación de tres ascensores no Hospital Universitario A Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución: Hospital Universitario A Coruña.

e) Prazo de execución/entrega: desde a formalización ata o 31 de decembro de 2017.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 42416100-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 6.5.1.).

4. Valor estimado do contrato:

a) 206.611,57 € (douscentos seis mil seiscentos once euros e cincuenta e sete céntimos).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 206.611,57 € (douscentos seis mil seiscentos once euros e cincuenta e sete céntimos).

b) Importe total: 250.000,00 € (douscentos cincuenta mil euros).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non requirida.

b) Solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberase xustificar segundo o sinalado no punto 6.6.2.d) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar segundo o sinalado no punto 6.6.2.e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: as proposicións deberánse presentar antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou envialas por correo, dentro do prazo sinalado.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición sexa enviada por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 01.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña, Hospital Universitario A Coruña. Hotel de Pacientes, planta semisótano.

2º. Domicilio: As Xubias de Arriba, 84.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15006.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: Salas de Reunións do Hospital Abente y Lago. Paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B relativo a criterios non avaliables de forma automática e do sobre C relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.contratosdegalicia.gal e www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 11 de xullo de 2017

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña