Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37979

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de aprobación provisional do proxecto de trazado do acceso ao núcleo de San Vicente de Leira desde a estrada OU0807.

O Pleno da Corporación Provincial, en sesión ordinaria do día 30 de xuño de 2017, adoptou, por unanimidade, o seguinte acordo:

1. Aprobar provisionalmente o proxecto de trazado de acceso ao núcleo de San Vicente de Leira desde a estrada OU-0807, conforme ao documento entregado pola consultora G.O.C. o 2 de xuño de 2017.

2. Someter a información pública o proxecto de trazado provisionalmente aprobado, polo prazo de trinta días hábiles, mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de edictos do Concello de Vilamartín de Valdeorras e en dous medios de comunicación dos de maior difusión no municipio de Vilamartín de Valdeorras.

Durante o trámite de información pública, a documentación que integra o proxecto estará á disposición dos interesados nas oficinas do Servizo de Vías e Obras da Deputación de Ourense e na casa do concello de Vilamartín de Valdeorras. Ademais, publicarase na paxina web da Deputación un extracto accesible e comprensible para o público en xeral do dito proxecto.

As alegacións que poidan formular os interesados neste trámite, que serán resoltas polo Pleno, deberán versar sobre a concepción global do trazado das distintas alternativas analizadas.

3. Remitir o proxecto de trazado para informe do Concello de Vilamartín, da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, simultaneamente ao trámite de información pública, e polo prazo de trinta días hábiles. Se no dito prazo as administracións consultadas non emiten informe, entenderase a súa conformidade co trazado proposto.

Ourense, 12 de xullo de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense