Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2017 Páx. 37971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de apoio aos usuarios de sistemas de información e do Service Desk (Xanela TI) (expediente AB-SER1-17-021).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 18 27.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 5.9.2017.

d) Número de expediente: AB-SER1-17-021.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de apoio aos usuarios de sistemas de información e do Service Desk (Xanela TI) da Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/3.

d) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72610000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Detalle do plan de prestación do servizo

0-30

Metodoloxía de traballo que se vai utilizar

0-20

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Valores e horario de prestación de servizo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 3.214.512 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.339.380 euros. Importe total: 1.620.649,80 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de licitación para os lotes 1 e 2, e do importe de adxudicación para o lote 3, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría):

Lote

Clasificación

1

Grupo V

Subgrupo 2 ou 5

Categoría C/3 ou superior

2

Grupo V

Subgrupo 2 ou 5

Categoría C/3 ou superior

3

Grupo V

Subgrupo 2 ou 5

Categoría C/3 ou superior

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 5.9.2017.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27.7.2017.

12. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos