Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37010

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (65/2015).

Procedemento ordinario (PO) 65/2015

Demandante: María Ángeles Tubío Ferreiros

Avogado: Óscar Tera Faba

Demandado: Nova Albariza, S.L., Fogasa

Avogado: letrado Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 65/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Tubío Ferreiros contra a empresa Nova Albariza, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decreto 475/2017

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, doce de xullo de dous mil dezasete

Antecedentes de feito

Primeiro. O 23 de xaneiro do ano 2015 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda presentada por María Ángeles Tubío Ferreiros fronte a Nova Albariza, S.L., Fogasa.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 12 de xullo de 2017 ás 11.05.

Terceiro. Ao acto de conciliación/xuízo non compareceu o demandante, que estaba debidamente citado.

Parte dispositiva

Acordo:

– Ter por desistida a María Ángeles Tubío Ferreiros da súa demanda fronte a Nova Albariza, S.L. e o Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Nova Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza