Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 37012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, tramitación urxente e criterio prezo, do servizo de limpeza da Casa do Deporte de Vigo (expediente 5/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza da Casa do Deporte de Vigo.

c) Prazo de execución: 12 meses a partir da entrada en vigor do contrato.

d) Admisión de prórrogas: si, poderá prorrogarse por un período de 12 meses.

e) CPV: 81.21.10 Limpeza xeral de edificios.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 82.644,62 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 41.322,31 € IVE (21 %): 8.677,69 €. Importe total: 50.000,00 €, conforme á seguinte distribución por anualidades:

2017: 8.333,33 €, IVE incluído.

2018: 41.666,67 €, IVE incluído.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: consultar a letra H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados nas letras J e K do cadro de características do PCAP.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 63 52 e 881 99 63 49. Fax: 881 99 63 56.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na rede da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=184958

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o derradeiro día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver cláusula 5 do PCAP.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (rúa de Madrid, nº 2-4, As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 881 99 63 56. Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme ás especificacións establecidas no PCAP.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na plataforma de contratos públicos de Galicia.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte