Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36689

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 da Coruña

EDICTO (34/2016-E).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza do 18 de novembro de 2016, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Luís Javier Rodríguez Vidal, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 9 da Coruña, ditou a presente en autos de procedemento ordinario 334/2016-E nos cales é parte demandante Pazo de Vilaboa Resorts, S.L., representada polo procurador Lage Fernández-Cervera e asistida do letrado Jiménez Mosquera, e partes demandadas Galimusic Producciones Audiovisuales, S.L. e José Rodríguez Casteleiro ambos os dous en rebeldía.

Decido que, estimando a demanda interposta por Pazo de Vilaboa Resorts, S.L. contra José Manuel Rodríguez Casteleiro, debo condenar a este a aboar á demandante a cantidade de 6.288 euros máis os xuros de demora correspondentes.

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Pazo de Vilaboa Resorts, S.L. contra Galimusic Producciones Audiovisuales, S.L. e absolvo esta dos pedimentos efectuados na súa contra.

En canto ás custas observarase o disposto no último fundamento de dereito.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso que deberán interpoñer, se é o caso, ante este xulgado no prazo de 20 días seguintes a aquel en que se lles notifique a presente.

Así o acordo, mando e asino.

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados Galimusic Producciones Audiovisuales, S.L. e José Manuel Rodríguez Casteleiro expídese o presente edicto.

A Coruña, 7 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza