Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2017 Páx. 36690

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 174/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 174/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Nicolasa Vilela Camiño contra María Ángela Romero Fuciños e Fondo de Garantía Salarial, se ditaron as seguintes resolucións:

«Dispoño:

Despachar orde xeral de execución, a favor da parte executante, María Nicolasa Vilela Camiño, fronte a María Ángela Romero Fuciños Fondo de Garantía Salarial, parte executada, por importe de 1.328,67 euros en concepto de principal (1.044,26 euros + 84,41 euros de xuros + 200 euros de honorarios de letrado), máis outros 132,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución».

«Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada María Ángela Romero Fuciños co fin de que, no prazo de 10 días, aboe a cantidade de 1.328,67 euros en concepto de principal (1.044,26 euros + 84,41 euros de xuros + 200 euros de honorarios de letrado), máis outros 132,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0174 17), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se embargarán os seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagar sobre eles a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a María Ángela Romero Fuciños co fin de que, no prazo de dez días, manifeste unha relación de bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS)».

Para que sirva de notificación en legal forma a María Ángela Romero Fuciños, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza