Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36548

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Arzúa

EDICTO (77/2016).

Eu, Alfredo Berini Couceiro, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Arzúa, polo presente, fago saber que no xuizo ordinario número 77/2016, seguido por instancia de Antonio García Moreira e José García Moreira fronte a Manuel, José María, María, Pedro, Antonio e Jesús Moreira Valiño; herdeiros de Mercedes Moreira Valiño e herdeiros de Carmen Moreira Valiño se ditou sentenza, con data 8 de maio de 2017, cuxo teor literal é o seguinte:

«Acoller na súa totalidade a demanda interposta polo procurador Sr. Rodríguez Cascón, en nome e representación Antonio García Moreira e José García Moreira, actuando ambos os dous casoso no seu propio nome e para as súas respectivas sociedades de gananciais, contra Manuel Moreira Valiño, José María Moreira Valiño, María Moreira Valiño, Pedro Moreira Valiño, Antonio Moreira Valiño e Jesús Moreira Valiño; contra os herdeiros de Mercedes Moreira Valiño (Alfredo, María, Carmen, Rogelia, Oliva e Nieves Vázquez Moreira), e contra os herdeiros de Carmen Moreira Valiño (Manuel, José, Ramón e Jesús Fernández Moreira e María Luz e Salvador Moreira Valiño), e, en consecuencia debo declarar e declaro que:

1º. Antonio García Moreira e a súa esposa veñen posuíndo pública, pacífica e ininterrompidamente, desde hai máis de trinta anos, o predio número 14 da zona de Santa Locaia de Branzá, concello de Arzúa, rústica, terreo dedicado a prado, no sitio de Coto. Linda: norte, camiño, sur, Antonio Mera Seijo (13); leste, zona excluída, regato no medio e Pedro Seijo Veiga (15) e oeste, camiño. Mide 30 a 80 ca. Inscrita no tomo 315, libro 83, folio 120, predio 11.376, inscrición 1ª, Rexistro da Propiedade de Arzúa.

2º. José Moreira García e a súa esposa veñen posuíndo pública, pacífica e ininterrompidamente, desde hai máis de trinta anos o predio número 146 da zona de concentración parcelaria de San Cristovo de Dombodán, concello de Arzúa, rústica ao sitio de Agrá de Pares. Linda: norte, zona excluída; sur, camiño; leste, Manuela Mouriño Pedreira (147) e oeste, Antonio Vilela Pereira (145). Mide 33 a 10 ca. Inscrita no tomo 266, libro 64, folio 51, predio 7597, inscrición a de Arzúa.

Servindo a presente resolución de título bastante para a súa inscrición no Rexistro da Propiedade e adecuación deste para dar cumprimento ao acordado, coa cancelación, se for precisa, das anotacións anteriores.

Expídanse os mandamentos oportunos ao Rexistro da Propiedade de Arzúa, para o cumprimento do disposto na presente resolución.

Sen imposición de custas procesuais».

Notifiqueselle a presente resolución ás partes, instruíndoas do seu dereito a formular contra ela recurso de apelación, no prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para resolver ante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso que haberá de presentarse como indican os artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E encontrándose os demandados, Manuel Fernández Moreira e Ramón Fernández Moreira (herdeiros de Carmen Moreira Valiño), en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Arzúa, 8 de maio de 2017

O letrado da Administración de xustiza