Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36546

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 19 de xullo de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de febreiro de 2017 (DOG núm. 44, do 3 de marzo), modificada pola Orde do 9 de marzo de 2017 (DOG núm. 52, do 15 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016 (DOG núm. 45, do 7 de marzo de 2016), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites para a publicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Segundo o establecido na base 2.1.2 da convocatoria, ás persoas aspirantes exentas de realizar este exercicio asígnanselles 20 puntos.

Segundo. Consonte o disposto na base 2.2.7 da convocatoria, concédese un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións en relación coas puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no segundo exercicio, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base 2.2.10 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación acreditativa dos méritos que desexen que se lles valoren na fase de concurso. A documentación irá dirixida á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública, Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Cuarto. De acordo co disposto na base 3.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2017

Constantino Piñeiro Cajete
Presidente do tribunal