Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36466

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

EDICTO de aprobación inicial do estudo de detalle para a adaptación e mellora dos edificios administrativos da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 19 de xuño de 2017, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Acordar a aprobación inicial do estudo de detalle para a a adaptación e mellora dos edificios administrativos da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, achegado pola Autoridade Portuaria o 4.5.2017 no ámbito das parcelas 0945034_2 e 0945034_3.

Segundo. Someter o expediente ao trámite de información pública durante o prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia e notifícanllo individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados, así como solicitar os informes sectoriais preceptivos de conformidade co informe do arquitecto municipal do 14.6.2017».

De conformidade co exposto, sométese o expediente a información pública durante o prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e artigo 194 do Decreto 143/2016 que aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia, contado a partir do día seguinte á data de publicación do presente anuncio no DOG.

De conformidade co artigo 25.3.a) do Real decreto lexislativo 7/2015, que aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, xúntase plano coa delimitación do ámbito.

Para estes efectos porase á disposición do público un exemplar do expediente no Servizo de Urbanismo deste concello, sito na rúa María, nº 54, 5º andar, en horario de atención ao público das 9.00 ás 14.00 horas. O estudo de detalle aprobado inicialmente está tamén á disposición na páxina web do Concello de Ferrol.

Poderán achegar as alegacións que consideren no Rexistro Auxiliar de Urbanismo sito no 3º andar do Concello, ou a través dos medios previstos para tales efectos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 23 de xuño de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.10.2016; BOP do 26 de outubro)
María Fernández Lemos
Concelleira delegada titular da Área de Urbanismo e Mobilidade

ANEXO

missing image file