Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36468

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da convocatoria de dous postos de profesor/a da escola de música de Ribadeo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 170, do 26 de xullo de 2017, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a dous postos de traballo de profesor/a da escola municipal de música de Ribadeo, fixos discontinuos de carácter interino.

De conformidade co previsto na base 8ª das referidas bases o prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios realizaránse no BOP de Lugo, no tablón de anuncios do Concello de Ribadeo e sede electrónica da web municipal www.ribadeo.gal

Ribadeo, 26 de xullo de 2017

Fernando Suárez Barcia
Alcalde presidente