Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36469

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Petín.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de bases de réxime local, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 30 de xuño de 2017, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Petín, de acordo co disposto na normativa mencionada, as facultades que este concello ten atribuídas en materia de recadación executiva, así como a revisión dos actos ditados dos seguintes tributos:

– Imposto de bens inmobles (IBI).

– Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM).

– Imposto sobre actividades económicas (IAE).

– Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO).

– Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (IVTNU).

– Taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos.

– Taxa polo abastecemento, depuración, saneamento e demais conceptos do ciclo da auga.

– Outras taxas reguladas no artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2004 (neste suposto deberá indicar individualizadamente cada taxa).

– Recadación executiva dos gastos derivados de execucións forzosas dos artigos 99 e 100 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A delegación abranguerá as actuacións pendentes dos últimos catro anos e anteriores non prescritas sobre os mesmos tributos co alcance, contido, condicións e vixencia que se establecen no acordo do Pleno do dito concello do 24 de maio de 2017.

A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial de Ourense para a delegación de competencias nesta materia.

Ourense, 3 de xullo de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense