Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36465

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO de modificiación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no SRP de Costas e no núcleo de Imo, por acordo do Pleno do 21 de xullo de 2017, de conformidade cos artigos 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto da modificación puntual.

A duración da suspensión é de 2 anos.

Dodro, 24 de xullo de 2017

Valentín Alfonsín Somoza
Alcalde