Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2017 pola que se anuncia o procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de telefonía móbil da Universidade de Vigo (expediente 312/17) relativo ao acordo marco para subscribir cun único empresario.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo. Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, Campus As Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: 21.8.2017.

d) Número de expediente: expediente 312/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: acordo marco para a selección dun único contratista para a prestación do servizo de telefonía móbil da Universidade de Vigo.

c) Lugar de execución/entrega: os centros, edificios, instalacións e espazos pertencentes á Universidade de Vigo.

d) Prazo de execución: dous (2) anos contados desde o 1 de novembro de 2017 ou desde o día seguinte ao da súa formalización, se é posterior a esa data, prorrogable por períodos anuais ata un máximo de dous anos (en todo caso a fase de migración-portabilidade non poderá exceder de tres (3) meses desde a formalización do acordo marco). A duración dos contratos baseados no acordo marco non poderá exceder da duración deste, polo que chegada a duración máxima do acordo marco (incluída, de ser o caso, a prórroga) producirase a extinción automática daqueles.

e) Admisión de prórroga: si.

f) Establecemento dun acordo marco: si.

g) C.P.V.: 64210000-1 servizos telefónicos e de transmisión de datos.

h) C.P.A: 61 servizos de telecomunicacións.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria.

b) Procedemento aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 676.885 euros, IVE excluído.

5. Importe de licitación: o indicado no punto 4 da folla resumo de características para cada un dos servizos.

6. Gasto máximo previsible: 338.443,09 euros, IVE excluído.

7. Garantías exixidas.

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 19.922,13 euros.

• Complementaria: non se exixe.

8. Requisitos específicos do contratista:

I. Será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do licitador. Neste caso estará exento de acreditar a solvencia económica e financeira e técnica e profesional:

a) Grupo V; subgrupo 4; categoría 2, ou a clasificación anterior equivalente: grupo V; subgrupo 4, categoría B.

II. Para as empresas estranxeiras e as españolas que non acrediten a clasificación:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla de resumo de características.

9. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 28.8.2017.

b) Modalidade de presentación: papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus As Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na Sala de Xuntas de Xerencia de la Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus As Lagoas, Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

11. Gastos de publicidade: serán a cargo del adxudicatario; aproximadamente 3.000 euros.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 18.7.2017.

Vigo, 21 de xullo de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo